Galicia celebra o Día Mundial do Leite con cifras récord: factura 960 millóns de euros e produce 3,5 millóns de toneladas

O 40% do leite de España prodúcese nas 6.400 granxas galegas
Malia a crise económica e os problemas que lle causa a guerra, o sector leiteiro galego mantén as súas cifras de produción e facturación. Por iso, os gandeiros aproveitan este día para pedir que a sociedade dea valor ao seu traballo e lembran que son produtos de alta calidade e sometidos a rigorosos controis.
Pero máis alá de entregar o leite ás industrias, nos últimos tempos moitos gandeiros deron o paso de elaborar os seus propios derivados leiteiros. É o caso desta granxa de Friol, unha das poucas en toda España que comercializa leite cru.
Dende a Xunta de Galicia apostan por ferramentas como a conta láctea e a recuperación de terras para que a nosa comunidade continúe producindo máis do 40 % do leite de toda España.
Aínda que o protagonismo é para as vacas, sobre todo frisoas, en Galicia emerxen tamén proxectos que teñen como base o leite de cabra e ovella.