Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia comeza a próxima semana a poñer a terceira dose aos maiores de 18 anos

Galicia comeza a próxima semana a poñer a terceira dose aos maiores de 18 anos

Esta fin de semana continúa a administración da terceira dose ao grupo de idade de 30 a 39 anos

En Ourense citaron máis de 7.000 persoas e no Gaiás, en Santiago, convocaron este sábado unhas 5.800 persoas

G24.gal 22/01/2022 22:24

Seguen tamén as vacinacións masivas nas distintas áreas sanitarias galegas. Estes días están a rematar coa administración da terceira dose ao grupo de idade de 30 a 39 anos. En Ourense esta fin de semana están convocadas case 7.000 persoas.

Remata así para este grupo de idade a inoculación da terceira dose e comeza a convocatoria por parte do Sergas para poñer o reforzo a todos os maiores de 18 anos.

A asistencia á vacinación en Galicia continúa a estar, na terceira dose, entre o 85 e o 90 por cento dos convocados na maioría dos grupos de idade.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade