Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia conserva un millar de petos de ánimas, pequenas xoias da arte e da arquitectura popular

Galicia conserva un millar de petos de ánimas, pequenas xoias da arte e da arquitectura popular

Neles hónranse as ánimas do purgatorio, unha das maiores devocións presentes na cultura galega

A meirande parte deles están nas provincias de Ourense e de Pontevedra

G24.gal 06/04/2024 15:30 Última actualización 05/04/2024 20:57

Galicia conserva máis de mil petos de ánimas por toda a xeografía.

Pequenos santuarios que son, en moitos casos, auténticos tesouros da arte e da arquitectura popular. E que explican a peculiar relación dos galegos coa morte a través das ánimas en pena.

Empezaron a construírse no século XVI, despois do Concilio de Trento, que revitalizou e estendeu a idea do purgatorio. A meirande dos que petos de ánimas que hai en Galicia datan do século XVIII. 

Pénsase que os importamos de Portugal, onde teñen moita devoción ás almiñas. No resto de España só hai algún exemplar en Asturias e en León.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade