Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia conta coa primeira base transfronteiriza de loita contra o lume

Galicia conta coa primeira base transfronteiriza de loita contra o lume

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou a base aérea de Verín que vén reforzar os medios que comparten Galicia e Portugal

G24.gal 13/08/2024 15:23 Última actualización 13/08/2024 15:44

Seis aeronaves con catro depósitos de carga, unha pista de 1.200 metros de lonxitude e equipos de extinción preparados para facerlles fronte aos incendios que non saben de fronteiras.

"Coordinación dos medios humanos e materiais, a coordinacion dos protocolos de España e Portugal e a diminución do tempo de resposta cando hai un incendio forestal", di Ana Villarino, alcaldesa de Oímbra.

A nova base aérea de Verín é o resultado do proxecto europeo Interlumes que lidera Galicia que supuxo un investimento de cinco millóns e medio de euros. 

"Ten que continuar cun novo proxecto nos anos 25, 26 e 27". Portugal, a través da súa Protección Civil estaremos sempre dispoñibles para facer todos os protocolos necesarios para servir os nosos pobos", reclama Costa, o Responsable de Emerxencias e Protección Civil de Portugal.

Os esforzos da Xunta de Galicia diríxense a mellorar a prevención con dous novos proxectos. Un polígono forestal en Oímbra e unha nova franxa cortalumes na fronteira que reforzarán os medios de extinción.

"Oxalá que non sexa necesario utilizalos moito, pero nalgún momento será necesario. Nese momento temos esta base, temos estes medios, temos magníficos profesionais que van poder actuar a un lado e outro da fronteira", asegura Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia.

O Goberno galego destina cada ano 200 millóns de euros á loita contra o lume.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade