Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia contará con caixeiros no 99 por cento dos concellos do rural

Galicia contará con caixeiros no 99 por cento dos concellos do rural

É o resultado da colaboración entre o Goberno galego e a Federación Galega de Municipios e Provincias

G24.gal 09/06/2023 13:38

O 99 % dos concellos galegos terá acceso a servizos financeiros grazas á posta en marcha da segunda fase de adhesión ao protocolo de colaboración subscrito entre o Goberno galego e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).

É o compromiso subscrito entre ambas as entidades para levar aos rural servizos bancarios aos concellos que non tiñan, sendo os últimos en incorporarse os de Castrelo do Val, Punxín, Toén, Beade, na provincia de Ourense, e Ribas de Sil, en Lugo.

O director xeral de Política Financeira e Tesouro, David Cabañó, acompañado do delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e o coordinador de Abanca en Ourense, Mateo Alonso, subliñaron que esta iniciativa na que participa Abanca busca "loitar contra a problemática que supoñía o acceso aos servizos bancarios no rural".

O obxectivo, indicaron, é "evitar" a exclusión financeira e promover que toda a poboación galega, con independencia do seu lugar de residencia, teña acceso aos servizos financeiros e evitar a exclusión tecnolóxica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade