Cargando resultados...
Galicia dá por superado o pico da epidemia de gripe
Galicia dá por superado o pico da epidemia de gripe
"Podemos falar dunha situación normalizada dentro do que corresponde a estes días do ano", di o conselleiro de Sanidade
G24.gal
15/01/2024 15:06
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, fai balance da situación epidemiolóxica: "Empezamos a diminuír. Un dato moi significativo é a positividade das probas, que chegamos a ter un trinta e tantos por cento. E estamos no 19 hoxe, e seguen diminuíndo ingresos".
"Podemos falar dunha situación normalizada dentro do que corresponde a estes días do ano, en inverno e despois dos festivos, en que sempre hai unha lixeira repunta", dixo Comesaña.