Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia despide o verán con sol e calor

Galicia despide o verán con sol e calor

En moitos puntos da comunidade acadaranse máximas de 30º

G24.gal 16/09/2022 14:31

Con sol e temperaturas de 30 graos para despedir o verán, semella que aínda non chegou o momento de gardar os parasoles no rocho.

Malia que gozamos dun verán seco e caloroso en Galicia, aínda quedan ganas de praia. Durante a fin de semana haberá ambiente seco en toda a comunidade, con nubes altas e temperaturas máximas arredor dos trinta graos en distintos puntos. Volveremos ter que agardar pola chuvia.

Un sol do que este venres non só gozaron os bañistas en praias como Samil, senón tamén os turistas que chegaron a Vigo a bordo de dous grandes cruceiros con capacidade para máis de 6.300 persoas. No que queda de mes farán escala na cidade outros seis transatlánticos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos