Galicia é a terceira comunidade autónoma con mellor taxa de doazón de sangue
Galicia é a terceira comunidade autónoma con mellor taxa de doazón de sangue
Santiago duplica con moito a taxa media galega
Galicia é a terceira comunidade con mellor taxa de doazón de sangue, despois de Estremadura e Castela e León. Temos unha taxa próxima ás 40 doazóns por cada 1.000 habitantes, que é o que recomenda a OMS.
Chama a atención o caso da cidade de Santiago, que supera as 100 doazóns por cada 1.000 habitantes.
Cifras moi positivas, especialmente se temos en conta que 2021 foi un ano de pandemia.
O sangue é necesario para atender urxencias tras accidentes, transplantes, intervencións cirúrxicas ordinarias de tamén enfermos crónicos que a precisa de xeito habitual.
Por iso, dende a Axencia Galega de Doazón de Sangue agradecen a solidariedade dos máis de 76.000 doantes galegos.
Marisa López, Directora da Axencia Galega de Doazón de Órganos asegura que "é moi importante para Galicia ter unha autosuficiencia neste campo, e máis no contexto internacional que temos neste momento".