Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia e o norte de Portugal amplían a súa colaboración coas urxencias sanitarias

Galicia e o norte de Portugal amplían a súa colaboración coas urxencias sanitarias

O obxectivo é optimizar recursos para que a atención sexa máis rápida e eficiente

Tamén se poderá realizar unha continuidade asistencial das vítimas

G24.gal 14/12/2022 16:58

Galicia e o norte de Portugal asinaron este mércores un memorando de entendemento para ampliar a súa colaboración transfronteiriza agora tamén no ámbito das emerxencias sanitarias.

Hai xa máis de dez anos que Galicia e o norte de Portugal veñen traballando na asistencia recíproca en materia de emerxencias, unificando tanto equipos como protocolos de actuación e dende hoxe esa cobertura amplíase tamén ás urxencias sanitarias.

O obxectivo é optimizar recursos para que a atención sexa máis rápida e eficiente e se poida realizar tamén unha continuidade asistencial das vítimas, independentemente de onde ocorra o suceso. A sinatura deste Memorando de entendemento correu a cargo do conselleiro de Sanidade e do presidente do Instituto Nacional de Emerxencia Médica de Portugal.

Foi no ano 2014 cando Galicia e o norte de Portugal asinaron un protocolo de colaboración transfronteiriza para actuar conxuntamente ante determinadas emerxencias. Agora amplíase o ámbito de actuación tamén ás urxencias sanitarias.

"É un avance moi significativo porque se establecen as bases sobre as que se efectuarán as actuacións  en caso de necesidade dunha  atención sanitaria urxente e facilitar ademais unha cousa moi importante como é a continuidade da asistencia no territorio que decida o paciente. Así o paciente vai poder decidir onde quere ser atendido sempre despois dunha valoración neste caso entre os sanitarios do INEM e do 061", explicou Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade.

O conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia e o presidente do Instituto Nacional de Emerxencia Médica de Portugal foron os encargados de asinar este convenio de colaboración que vai permitir optimizar recursos e tender unha nova ponte con vistas ao benestar dos cidadáns dos dous territorios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade