Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia e Portugal comparten a romaría do Lanzo da Cruz no luns de Pascua

Galicia e Portugal comparten a romaría do Lanzo da Cruz no luns de Pascua

As localidades de Sobrada en Tomiño e de Cristelo Covo en Valença intercambian o símbolo relixioso para pedir boa tempada de pesca

G24.gal 10/04/2023 22:16

Unha romaría con séculos de historia é a que ten lugar todos os luns de Pascua no río Miño. As localidades de Sobrada na beira galega e de Cristelo Covo na portuguesa celebran o Lanzo da Cruz, en que intercambian o símbolo relixioso para pedir boa tempada de pesca.

Pola banda de Tomiño, os veciños de Sobrada adornan chimpíns e tractores cos que se desprazarán cara á beira do Miño. A tradición, cuxa orixe se remonta ao século XV, mantéñena nesta parroquia, pero súmanse a ela todos os pescadores do río.  

A peregrinación cambia de medio e continúa polo río. O párroco de Sobrada preside a comitiva portando a cruz da súa igrexa. No centro do río encóntrase co crego de Cristelo Covo, freguesía de Valença do Minho. Intercambian as cruces e bendicen as redes dos barqueiros cunha pregaria de boa pesca. 

Esta singular romaría simboliza como poucas a unión de dous pobos que comparten a vida no río. A tradición xunta dous pobos separados por unha franxa de auga que non supón de ningún xeito unha fronteira para a festa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade