Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia escapa do episodio de temperaturas anormalmente elevadas

Galicia escapa do episodio de temperaturas anormalmente elevadas

Sete graos de diferenza entre o norte e o sur de Galicia

Este venres chegan os chuvascos e o sábado notaremos un importante descenso das temperaturas

G24.gal 27/04/2023 13:59

Galicia escapa do episodio de calor que está a afectar a boa parte de España.

Este xoves, na Coruña, por exemplo, o ceo está encapotado e sopra o vento do oeste deixando unha sensación de fresco, porque o aire cálido non chega ás comarcas do litoral.

Así, os mercurios no norte da nosa comunidade non superarán os 25 graos. Porén, no sur chegan os 30.

Mañá venres non haberá grandes cambios nas temperaturas. Pero si haberá chuvascos que poden vir con treboadas.

Xa de cara á fin de semana, notarase un importante descenso das temperaturas. Sobre todo no sur de Galicia que pasarán dos 30 aos 25 graos.

Cambios bruscos, pero son un clásico da primavera.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar