Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia está entre as dez zonas máis lonxevas de Europa

Galicia está entre as dez zonas máis lonxevas de Europa

A esperanza de vida dos galegos é de 83,9 anos, fronte aos 81,3 da media europea

Madrid ocupa o primeiro lugar de España e de Europa en lonxevidade

 

A esperanza de vida segue medrando grazas aos avances hixiénicos, sanitarios e sociais
G24.gal 22/03/2023 13:09

España, Italia e Francia son os países coas poboacións máis lonxevas de Europa, segundo a Oficina Europea de Estatística. 

Galicia está entre as dez rexións coa poboación máis lonxeva. A media de vida é de 83,9 anos, fronte aos 81,3 de Europa. En España, estamos por detrás das comunidades de Madrid, que ocupa o primeiro lugar, e Navarra, e por riba de Andalucía, Estremadura e Levante.

"Na metade da península cara ao norte hai un mellor estado de saúde en xeral, o que supón maior lonxevidade, e da metade cara ao sur hai peor estado de saúde e, polo tanto, menor lonxevidade", explica Manuel Collado, director de Investigación da senescencia celular, cancro e envellecemento do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago.

O tempo de vida medra de forma sostida desde hai cen anos, agás períodos excepcionais como o da pandemia. 

"A nosa esperanza de vida continúa aumentando, e por iso é importante resaltar que na investigación ten un peso importante ocuparse do envellecemento. Continuar investindo para poder atrasar o período de enfermidade durante o envellecemento", di Collado.

Na rúa, hai quen pensa que a lonxevidade dos galegos se debe ao cáracter da xente e á forma de vida.

"A alegría dos galegos, as festas, o folclore"

"Poderiamos caracterizarnos como loitadores, moi traballadores, e creo que iso pode influír neses datos"

"Vivimos así bastante en familia, tamén. Penso que iso, nos maiores non hai tanta soidade"

"Non sei no futuro se isto cambiará, porque estamos vivindo en todas partes un pouco igual", comentan algúns paseantes.

Segundo os científicos, os motivos están máis relacionados cos avances hixiénicos, médicos e sociais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade