Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia estrea curso sendo a primeira comunidade con todos os ciclos educativos de balde

Galicia estrea curso sendo a primeira comunidade con todos os ciclos educativos de balde

O conselleiro subliña que pode supoñer un aforro medio entre 3.000 e 4.000 euros para as familias

O conselleiro Román Rodríguez, durante a entrevista no programa Bos días
G24.gal 12/09/2024 09:30

O mes de setembro é o mes de volta ás aulas. Neste novo curso, Galicia é a primeira comunidade autónoma con todos os ciclos do ensino gratuítos. Nunha entrevista no programa Bos días da TVG, o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP destacou que pode supoñer un aforro medio de 3.000 a 4.000 euros para as familias. Román Rodríguez subliñou tamén que supón tamén apostar pola igualdade de oportunidades.

Logo do inicio este mércores do curso escolar en todos os ciclos, agás no ensino universitario, o conselleiro subliñou a aposta da Xunta por unha reestruturación para garantir o mellor funcionamento dos centros e a mellor atención ao alumnado.

Román Rodríguez subliñou, por exemplo, que Galicia presenta este ano un récord de profesorado: 31.603 docentes.

Referiuse tamén a redución da ratio de 25 a 20 alumnos nas aulas de cuarto curso de ensino infantil. Dixo que permitirá o peche de máis de 200 aulas, mantendo así un servizo educativo de calidade en zonas que están en risco pola caída demográfica.

Na mesma entrevista, Román Rodríguez referiuse tamén á harmonización das probas da ABAU que promoven as comunidades autónomas gobernadas polo PP. O conselleiro lembrou que nelas vive o 70 por cento da poboación. Na súa opinión, había un clamor para que as probas sexan iguais en todos os territorios, co obxectivo de garantir a igualdade de oportunidades.

O conselleiro repasou tamén as liñas básicas do Plan MEGA de mellora educativa, ao que a Xunta destinará 77 millóns de euros en catro anos. Unha das medidas principais é a contratación de 400 novos profesores este mesmo curso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade