A FP marca un novo récord en Galicia, con case 69.000 matriculados
A FP marca un novo récord en Galicia, con case 69.000 matriculados
Os estudantes que optan por esta formación medran nun 7 % respecto ao curso anterior
A Formación Profesional marca un novo récord en Galicia neste novo curso. Achégase aos 69.000 alumnos matriculados, o que supón un sete por cento máis que o curso anterior.
O crecemento é xeneralizado en todas as modalidades e nas catro provincias, pero destaca o aumento da demanda dos centros de ensino situados no rural.
O conselleiro de Educación asegurou que o auxe da FP responde en boa medida á adaptación das titulacións á demanda do mercado laboral galego: "No ano 2009 falabamos dunha empregabilidade do 30 por cento dos alumnos, hoxe está nun 85 % nos ciclos ordinarios e prácticamente o 100 % nos ciclos de FP dual, este é un dato tremendamente positivo".
Román Rodríguez fixo este balance durante unha visita ao Instituto Luis Seoane, en Pontevedra, no que estudan uns 900 alumnos.