Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia iniciará o 25 de setembro a vacinación conxunta da covid e a gripe

Galicia iniciará o 25 de setembro a vacinación conxunta da covid e a gripe

Os primeiros en inmunizase serán os usuarios de centros de maiores e discapacidade

G24.gal 14/09/2023 14:58

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou que Galicia utilizará “o primeiro día posible”, o próximo 25 de setembro, para dar comezo á campaña de vacinación contra a covid e a gripe. Nesa data vaise iniciar a campaña nos centros de maiores e discapacidade.

A Comisión de Saúde Pública decidiu esta semana que esa campaña de vacinación conxunta contra a gripe e a covid-19 empezaría a última semana de setembro. Está previsto que este venres nunha conferencia de prensa específica para iso, o departamento de Sanidade da Xunta dea conta de como se afrontará na comunidade.

Esta será a terceira campaña en que ambas se administran de maneira conxunta, e isto coincide cun momento no que levan sucedéndose semanas de lixeiro aumento do SarS-CoV-2, que agora se está estabilizando.

Con todo, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, explicou que Galicia optou por iniciar a vacinación "o primeiro día posible".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade