Galicia leva a Bruxelas un proxecto pioneiro de intelixencia artificial

Sincroniza en tempo real as demandas das empresas e as solicitudes dos traballadores

O proxecto, en probas en dúas oficinas de emprego, estenderase a toda a comunidade autónoma

Antón Montero 16/11/2023 20:02 Última actualización 16/11/2023 21:10

Galicia presentou en Bruxelas un proxecto pioneiro de intelixencia artificial que xa se aplica nas oficinas de Emprego de Pontevedra e Cambados.

A conselleira de Promoción do Emprego Elena Rivo explicou na capital comunitaria como funciona EMI, acrónimo de Emprego e Intelixencia, unha ferramenta que permite sincronizar as ofertas de emprego e as demandas dos traballadores en tempo real.

"O que fai é coller os datos das persoas nas oficinas de emprego, analiza os perfís, a experiencia e as habilidades que teñen os nosos usuarios e miran que necesidades para focalizar as iniciativas de emprego, para que a xente se incorpore ao mercado", explicou Rivo.

A conselleira presentou o proxecto diante dunha audiencia selecta, onde se atopaba o Comisario europeo Nicolas Schmidt ou o Premio Nobel de Economía e experto en temas laborais Christopher Pissarides.

A ferramenta xa se emprega nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Pontevedra e Cambados e a intención é estendela a todo o territorio galego.

A Conselleira de Emprego explica que se trata de unha ferramenta tecnolóxica pioneira en Galicia e tamén en Europea que pode mellorar os mercados laborais e atender problemas demográficos como o despoboamento e o envellecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade