Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia lidera en España a taxa de escolarización dos menores de tres anos

Galicia lidera en España a taxa de escolarización dos menores de tres anos

A Xunta pídelle ao Goberno "apoio económico" para financiar as prazas nas escolas infantís

G24.gal 25/09/2023 14:45

Galicia lidera a taxa de escolarización dos nenos de 0 a 3 anos, segundo datos do Ministerio de Educación. Dende a Consellería de Política Social destacan a importancia que a gratuidade das garderías supón na conciliación familiar, e pídenlle ao executivo central que apoie economicamente esta medida. 

"Solicitamos o apoio económico do goberno central para financiar as máis de 31.000 prazas que temos en Galicia nas escolas infantís 0-3, dado que actualmente o programa de gratuidade ten un impacto económico de 55 millóns de euros que é asumido íntegramente pola Xunta de Galicia", sostén Jacobo Rey, director xeral de Familia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade