Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector turístico galego agarda bater marcas de ocupación este verán

O sector turístico galego agarda bater marcas de ocupación este verán

Agosto completará un cheo técnico, cun 85 % de ocupación segundo as previsións do clúster

G24.gal 06/07/2024 16:53 Última actualización 06/07/2024 17:31

Galicia estase a converter nun dos destino turísticos máis demandados na época estival, segundo o secretario do Clúster Turismo de Galicia, César Ballesteros.

Asegura que a gastronomía, a paisaxe pero, sobre todo, a climatoloxía se converteron nun reclamo nos últimos anos e as previsións que manexan para este verán son "moi boas".

"Cifras moi boas para o sector e para o turismo, porque a principios de ano non o foron. Quedan materias pendentes, como rachar coa desestacionalización que, malia ir mellorando, segue a ser a nosa gran batalla".

Para agosto agardan acadar cifras de ocupación superiores o 85 %, o que chaman no sector, un cheo técnico. Para Xullo tamén prevén un incremento de turistas e achegarse ao 80 %. Estas "cifras récord", asegura Ballesteros, nótanse tamén no número de contratacións.

"Estamos falando de 80.000 e 90.000 persoas traballando no sector do turismo durante esta tempada de verán e son cifras récord de verán. Evidentemente temos grandes dificultades para captar persoal, pero realmente nunca houbo tanta xente traballado no sector".

Hai turistas internacionais, doutras comunidades e de Galicia, escollen sobre todo lugares do interior para desfrutar do descanso. O turismo xa supón o 14 % do PIB galego e máis do 75 % das persoas que visitan a comunidade, repiten.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar