Publicador de contidos
Publicador de contidos

Conde reclama os 1.200 megawatts que precisa Galicia para proxectos industriais

Conde reclama os 1.200 megawatts que precisa Galicia para proxectos industriais

O vicepresidente primeiro lembra o compromiso do Goberno central de ter lista a nova planificación eléctrica o 30 de marzo

G24.gal 02/05/2023 14:48 Última actualización 02/05/2023 15:01

Galicia necesita 1.200 megawatts adicionais para poder desenvolver proxectos industriais de relevancia. A cifra lembrouna o conselleiro de Economía, Industria e Innovación.

Francisco Conde recordou o compromiso do Goberno central de ter lista a nova planificación eléctrica o 30 de marzo, e de incluír a nova subestación Novo Vigo que dará servizo a Stellantis e á zona industrial da Cidade Olívica.

"Ata o momento non houbo reacción por parte do Goberno. Había un compromiso para que a modificación se fixese antes do 30 de marzo. As empresas non poden agardar... e creo que nese sentido esperamos que haxa unha resposta inmediata", asegura o vicepresidente primeiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos