Cargando resultados...
Galicia, o país dos 10.000 cruceiros
Galicia, o país dos 10.000 cruceiros
O máis antigo está en Melide, data do século XIV
G24.gal
05/11/2022 15:30
Galicia é o país dos 10.000 cruceiros. O auxe foi no século XVI coincidindo coa chegada á nosa terra dun novo cultivo e coa celebración do Concilio de Trento pero comezaron a construírse no século XIV.
Desa data é precisamente o cruceiro máis antigo, que é o de Melide. O que conta con máis sona é o do Hío. Expresión da devoción popular, a maioría son de autor descoñecido.