Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia recibe 315 vacinas para a varíola do mono

Galicia recibe 315 vacinas para a varíola do mono

Na administración vaise dar prioridade a contactos estreitos e prácticas de risco

G24.gal 01/09/2022 08:24

Galicia recibiu ata o momento 315 vacinas contra a varíola do mono das 12.400 Jynneos que chegaron a España e que se administran, segundo os criterios establecidos polo Goberno central, priorizando contactos estreitos de casos confirmados e persoas con prácticas de risco.  

Segundo confirmaron fontes da consellería, Galicia adaptará a partir deste xoves, 1 de setembro, os seus criterios de vacinación contra esta doenza, en consonancia coas recomendacións do ministerio. O documento coas indicacións para estender esta vacinación colgarase na páxina web da Consellería de Sanidade.  

A captación de persoas candidatas a esta vacinación será realizada polos equipos de medicina preventiva das diferentes áreas sanitarias, aínda que "sen menoscabo da colaboración doutras unidades asistenciais específicas", e a inoculación terá lugar nos centros hospitalarios.  

A vacina priorizarase para contactos estreitos de casos, entre o cuarto e o décimo cuarto día após o contacto, e para persoas con prácticas de risco que non estivesen expostas. Actualmente, Galicia conta con 109 casos de varíola do mono dos 6.543 de todo o Estado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade