Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia recibiu no primeiro semestre un 12 % máis de visitantes ca o ano pasado

Galicia recibiu no primeiro semestre un 12 % máis de visitantes ca o ano pasado

O presidente da Xunta asegurou durante unha visita á illa de Tambo que a marca se debe, entre outros factores, ao coidado do patrimonio

O presidente da Xunta na súa visita á illa de Tambo
G24.gal 12/08/2023 19:37

Alfonso Rueda destaca o valor patrimonial e natural da illa de Tambo e con el o de toda Galicia. Insiste en potenciar a comunidade aínda máis como destino turístico e cultural pero sempre coa condición da sostibilidade, porque esa será a gran diferenza a favor fronte ao que sucede noutros lugares.
O presidente da Xunta di que se este ano turístico está a ser "fantástico, fantástico”, é en parte tamén por iso. 

Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia: "Creo que é un conxunto de todo o que nos está dando un ano turístico fantástico e o camiño é seguir así pero facéndoo sostible, isto creo que é un perfecto exemplo. Non perder a cabeza, ter un turismo con sentidiño, pode seguir medrando pero pode seguir medrando conservando todo e entendendo que se nos visita cada vez máis xente é precisamente porque sabemos conservar e coidar das nosas cousas e evitar erros que ao mellor se produciron noutros lugares e que agora para nós convértense en oportunidades".

A afluencia turística no primeiro semestre acadou os 2 millóns setecentos mil visitantes, o 11,8 % máis de viaxeiros có ano pasado. Fixeron noite en Galicia tamén un 10,6 % máis ca no primeiro semestre de 2022.

Tras moitos anos pechada ao turismo polo seu uso militar e agora aberta ao público, a Xunta vai colaborar co concello de Poio na adecuación do castro da illa de Tambo e na catalogación dos bens patrimoniais que contén. Alfonso Rueda adiantou tamén que a Xunta "tramitará con dilixencia" a súa declaración como Espazo Natural de Interese Local cando o concello formalice a solicitude.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade