Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia recupera a influencia anticiclónica este domingo

Galicia recupera a influencia anticiclónica este domingo

As previsións indican tempo seco e boas temperaturas toda a semana

G24.gal 02/04/2023 13:00

Galicia recupera esta xornada, festividade de Domingo de Ramos, a influencia das altas presións centradas nas illas Británicas, o que deixará intervalos de nubes baixas e bancos de néboa que irán dando paso a ceos despexados ou con nubes de tipo alto.

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, con xeadas débiles no interior, mentres que as máximas non experimentarán cambios, con lixeiros ascensos na metade sur.

Os ventos soprarán frouxos, do nordés, con intervalos de intensidade moderada no litoral norte. As temperaturas máximas irán desde os 16 graos en Ferrol, Lugo ou Santiago pasando polos 17 da Coruña, os 19 de Vigo, os 20 en Pontevedra ata os 21 que marcarán os termómetros en Ourense.

E pendentes do tempo, están no sector turístico, que polo que parece poden ter este ano unha preocupación menos para poder repetir a alta ocupación de 2022, ou mesmo bater marcas de visitantes.

O anticiclón aguanta en Galicia

As previsións indican que irrompe con forza o anticiclón, que co paso das xornadas sitúa o seu centro de acción entre o Reino Unido e a Península, o que deixará un tempo solleiro.

Este domingo xa se alcanzarán no sur os 21 graos cunha tarde con sol e cun ascenso das máximas. Entre o martes e o venres aínda se intensifica o anticiclón. As temperaturas acompañarán o tempo de lecer para os que o poidan aproveitar.

Iso si mantense a incerteza con vistas á próxima fin de semana. As altas presións empezarán a moverse, o máis probable cara ao leste. Así, poden achegarse as borrascas atlánticas. Pero as previsións indican que non chega ningunha fronte, pero si aumenta a nebulosidade. Para o  sábado e o domingo próximos aínda haberá que agardar para coñecer con mais detalle o que pode pasar.

Polo de agora non aparece a chuvia ente as posibilidades en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade