Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia rexistrou este ano o marzo máis cálido desde 2012

Galicia rexistrou este ano o marzo máis cálido desde 2012

Foi lixeiramente húmido, con temperaturas por riba do agardado, informa MeteoGalicia

O termómetro situouse de media 1,2 graos por riba do que se esperaba

Praia d eSilgar en Saxenco /Arquivo Praia d eSilgar en Saxenco /Arquivo
G24.gal 08/04/2023 13:26

Galicia rexistrou un mes de marzo moi cálido e lixeiramente húmido, segundo o avance do último informe climatolóxico mensual elaborado por Meteogalicia. En concreto, foi ou máis cálido desde 2012.

Marzo presenta situacións "cambiantes" por tratarse dun mes de transición entre o inverno e a primavera. "Nesa liña, as temperaturas estiveron en xeral por riba do agardado, con zonas amplas da comunidade nas que non se afastaron moito da normalidade", explica meteoGalicia.

Canto ás chuvias, asegura que tamén houbo variabilidade, "con zonas nas que choveu en exceso, pero outras que quedaron por baixo do normal".

"Deste xeito, as temperaturas estiveron por riba dos valores normais nun mes tan cambiante coma este, xa que comezou moi frío, pero as situacións anticiclónicas posteriores deixaron rexistros moi altos".

De feito, a temperatura media situouse 1,2 graos por riba do agardado, "o que supón que foi o marzo máis cálido desde 2012".

O valor medio das temperaturas máximas foi de 15 graos e os valores máis altos rexistráronse nos vales do Sil e do Miño, en Ourense, con valores próximos aos 19,9 graos. No caso das mínimas, no macizo de Manzaneda, Pena Trevinca e na comarca da Limia alcanzáronse os -0,1 graos.

Lixeiramenete húmido

Meteogalicia indica que as precipitacións «non se afastan demasiado da normalidade debido á chegada de borrascas ao longo do mes». Así, a media rexistrada nas 16 estacións meteorolóxicas representativas foi un 9 % superior ao valor climático normal, polo que se considera un mes lixeiramente húmido.

«Os datos reflicten un exceso de precipitacións nalgúns puntos, Pontevedra e o sur da Coruña, e un déficit no resto da comunidade, provocado pola persistencia dos ventos do suroeste».

A precipitación media acumulada foi de 131 litros por metro cadrado e os valores máis elevados rexistráronse nas comarcas do Sar, Xallas e A Barcala, con ata 571 litros por metro cadrado.

Pola contra, as zonas máis secas de Galicia localízanse no litoral da Mariña de Lugo e nalgunhas localidades da comarca de Valdeorras con acumulados de tan só nove litros por metro cadrado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade