Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia suma 28 novos Soletes da Guía Repsol

Galicia suma 28 novos Soletes da Guía Repsol

Sete están na Coruña, seis en Santiago, tres en Lugo, catro en Ourense, outros catro en Pontevedra e outros catro máis en Vigo

A nosa comunidade ten en total con 253 establecementos con esta distinción

G24.gal 19/10/2023 16:47

Galicia consegue 28 novos Soletes da Guía Repsol. 7 están na Coruña, 6 en Santiago de Compostela, 3 en Lugo, 4 en Ourense, 4 en Pontevedra e 4 en Vigo. Desta forma, Galicia conta xa con 253 Soletes de diferentes categorías desde o nacemento desta distinción no verán de 2021.

Os Soletes recoñecen o valor de negocios que resistiron o paso dos anos e tamén apoia emprendedores que se arriscan cun novo proxecto.  Seguindo esta filosofía, a Guía Repsol centrouse nas capitais de provincia de toda España, aínda que outras cidades como Santiago de Compostela, Cartaxena, Xixón, Reus ou Talavera de la Reina tampouco escaparon aos galardóns. 

Listaxe cos establecementos premiados en Galicia: 

-A Coruña: Bar Barbaría, O Cabo, Hermes Journey, Bonilla a la Vista, Fábula Café, O Salgueiro e Taberna da Galera.
-Santiago de Compostela:  O Muelle, Vucciria Pizza, Chez Bou Bou, Xénese Bar de Viños, O Testo e Entre Pedras.
-Lugo: Taberna Daniel, Mangiarte Pasta Fresca e Urbana: Burguer de Autor.
-Ourense: Portovello, Terrazza dáa Paolo, Tizar e Tapa Negra.
-Pontevedra: Pumper, Os Maristas, Club do Café e Misto Café Bar.
-Vigo: Fermentum42, Harum Manis, Taberna A Mina e Malasangre Food&Club.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos