Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Asociación Española de Pediatría di que Galicia ten o mellor calendario de vacinación infantil

A Asociación Española de Pediatría di que Galicia ten o mellor calendario de vacinación infantil

A partir do luns, o Sergas vai administrarlle unha inxección máis completa aos bebés para aumentar a protección fronte á pneumonía, á menixite e á sepse

Máis dun cento de profesionais de toda Galicia póñense ao día das novidades da atención pediátrica na súa xuntanza anual en Santiago

G24.gal 13/04/2024 14:55 Última actualización 13/04/2024 17:16

As taxas de vacinación infantil en España superan o 95 % na maioría dos casos. Nos nenos de 3 e a 4 anos a pocentaxe baixa algo polo que os expertos inciden na necesidade de poñer as doses de reforzo.

"O calendario de Galicia é o mellor que hai agora mesmo en calquera comunidade de España, practicamente é o que recomendamos dende a Asociación de Pediatría. Só lle faltaría incluír a da tose ferina en adolescentes", di Francisco Álvarez García, coordinador do Comité Asesor das Vacinas da AEP.

Ante o incremento de casos de tose ferina, os pediatras reclaman unha dose de reforzo.

"O que lle solicitamos ao Ministerio é que cambie a dose de tétanos-difteria, que se pon aos 14 anos, pola de tétanos-difteria-tosferina porque así protexeremos os adolescentes, que hai agora un brote importante, que aparece cada cinco ou sete anos en España. Así protexeriamos os adolescentes, que son os máis afectados", afirma Francisco Alvárez.

En canto á atención primaria, aseguran que o número de nenos sen pediatra asignado aumentou en Galicia no último ano.

"Se os nenos, co excelente calendario vacinal que temos, están máis sans que nunca como podemos ter cada vez máis consultas diarias? Necesitamos reformas significativas para que os pediatras teñan a carga de traballo que poden asumir, e non ocorrencias coma o Xide, ao que mostramos o noso total rexeitamento", apunta Amparo Rodríguez Lombardía, presidenta de AGAPap.

Aseguran que máis de medio millón de nenos en España carece de médico de referencia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade