Galicia ten xa máis de 22.000 vivendas turísticas
Galicia ten xa máis de 22.000 vivendas turísticas
En moitos lugares a súa presenza permite viaxar en inverno cando os hoteis están pechados
A proliferación de vivendas turísticas nas Rías Baixas favorece a desestacionalización do turismo. En zonas como Sanxenxo moitos hoteis están pechados en inverno. O descanso sen molestias ou a posibilidade de teletraballo multiplican a demanda.
Xa hai en Galicia máis de 22.000 vivendas turísticas, só non hai en dous concellos galegos: o coruñés de Aranga e o pontevedrés de Agolada.
Os usuarios valoran gozar da privacidade, a liberdade de horarios e os propietarios a rendibilidade e que non precisan tanto persoal.
No Salnés hai 4.400 vivendas de uso turístico, e tamén a maior planta hoteleira de Galicia, pero aquí hai espazo para todos. O pasado ano empregaron as vivendas turísticas da provincia de Pontevedra máis de 112.000 habitantes.