Cargando resultados...
Pontón anima a mocidade galega a ser "o verdadeiro motor do cambio"
Pontón anima a mocidade galega a ser "o verdadeiro motor do cambio"
A líder nacionalista clausurou a XVII Asemblea Nacional de Galiza Nova
G24.gal
02/12/2023 21:11
Última actualización 02/12/2023 21:32
A voceira nacional do BNG animou a mocidade do país a "ser o verdadeiro motor do cambio galego" para poñer en marcha da man do BNG "unha Galiza que mellore a súa vida e a de todos os galegos e galegas".
Foi durante a clausura da XVII Asemblea Nacional de Galiza Nova que se celebrou este sábado en Santiago. Ana Pontón defendeu a necesidade dun cambio liderado pola súa formación ante a "política suicida" dun Goberno do PP.
Segundo dixo, o legado dos populares deixa a xente nova "aos pés dos cabalos", cun panorama laboral "precario", unha dependencia familiar "prolongada no tempo" e a emigración "como saída".