Gandeiros de tenreira suprema reclaman unha suba dos prezos de venda
Gandeiros de tenreira suprema reclaman unha suba dos prezos de venda
O valor que lles pagan polos animais non varía desde hai trinta anos
Piden que se convoque unha mesa negociadora para abordar unha solución
A asociación de gandeiros de tenreira suprema defende o seu modelo de explotación familiar, de pasto ao aire libre e co máximo coidado para os animais, un coidado que ten o seu reflexo nunha carne de calidade.
O que non acompaña, aseguran os seus membros, son os prezos de venda, que se manteñen como hai trinta anos.
Demandan unha solución que lles permita vivir da súa actividade, por iso piden que se convoque unha mesa negociadora na que estean representados os gandeiros, a Administración, a industria e o Consello Regulador.
A asociación agrupa case dez mil explotacións en toda Galicia. Tamén reclama axudas para o sector, moi afectado pola redución dos plans europeos o polos danos da fauna salvaxe.