Garcés, sobre Iker Losada: "É un xogador moi interesante, creo que nos viría ben”
Garcés, sobre Iker Losada: "É un xogador moi interesante, creo que nos viría ben”
O club traballa coa idea de formar un persoal de 23 futbolistas, dos cales cinco serán canteiráns
O equipo do Celta arrincará a pretemporada do curso 2024-25 o próximo 3 de xullo cos exames médicos, previos a que os futbolistas se poñan a traballar ás ordes de Claudio Giráldez na cidade deportiva AFouteza, onde o equipo realizará a maior parte da preparación estival.
“Temos previsto facer sete partidos, con rivais importantes, de varios niveis. A maior parte da pretemporada será en Vigo”, explicou o director deportivo do Celta, Marco Garcés.
O máximo responsable da área deportiva avanzou que o lub traballa coa idea de formar un persoal de 23 futbolistas, dos cales cinco serán canteiráns que pasaron recentemente polo filial.
“Buscamos un cadro de 23 xogadores, dous por posición e mais tres porteiros, e cunha contribución importante da canteira. Polo menos cinco xogadores serán canteiráns novos e que estean na dinámica do primeiro equipo. Sen significar isto que teñan ficha co primeiro ou segundo equipo”, manifestou.
Neste sentido, o mexicano avanzou que non permitirán que a súa aposta polos xogadores da canteira sexa utilizada “para potenciar a terceiros, para xerar unha tensión autoimposta e que nos leve a unha inflación artificial”.
Garcés desvelou que moitos equipos preguntaron pola situación do dianteiro noruegués Jorgen Strand Larsen
Marco Garcés, confirmou o interese do club por recuperar ao atacante Iker Losada, quen o pasado verán abandonou o equipo celeste para asinar polo Rácing de Ferrol ata o 2025.
"É un xogador moi interesante, creo que nos viría ben”, comentou en conferencia de prensa o mexicano.
Avanzou que o seu regreso a Balaídos dependerá das súas “pretensións” tras despuntar este curso na Malata.