Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fiscalía investigará as persoas que animaban os narcos en Barbate

A Fiscalía investigará as persoas que animaban os narcos en Barbate

Gardas civís piden revisar ordes internas para aclarar por que se usou unha lancha de submarinismo en Barbate

As familias claman xustiza e o Goberno mantén a confianza en Grande-Marlaska

O rei rende homenaxe aos gardas civís falecidos en Barbate

As mofas aos gardas civís poñen de manifesto a sensación de impunidade dos narcos no Campo de Xibraltar
G24.gal 14/02/2024 14:29 Última actualización 14/02/2024 15:00

Uns executan e outros encirran. A Fiscalía investigará as persoas, as que a berros de "dálle... dálle" animaban os narcos mentres trataban de pasarlles por riba á embarcación da Garda Civil. Conseguírono e dous axentes morreron. Mofas que poñen de manifesto a impunidade que senten os narcos no Campo de Xibraltar.

O presidente do Poder Xudicial, Vicente Guilarte anima os novos xuíces a plantarlles cara. A Asociación Unificada de Gardas Civís pide reunirse co ministro do Interior para revisar as ordes internas que levaron a utilizar unha lancha de submarinistas. 

Denuncia que o día que asasinaron os axentes, o Servizo Marítimo non puido saír do porto e que catro días despois da traxedia, as lanchas seguen avariadas. 

O Goberno nega falta de medios e reivindica o compromiso do ministro coa zona. E ante as críticas por desmantelar a unidade de elite contra o narcotráfico, traslada a responsabilidade aos mandos. As familias non o comparten e culpan do acontecido a falta de recursos. Non comprenden a falta de medios, pero tampouco a impunidade, e claman xustiza. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade