Cargando resultados...
Gardas civís virtuais substituirán os axentes nas zonas despoboadas
Gardas civís virtuais substituirán os axentes nas zonas despoboadas
Avatares superrealistas, deseñados a semellanza dos axentes reais, aparecerán en pantallas interactivas
O cidadán accederá a pantallas para interactuar con axentes virtuais para facer xestións
G24.gal
14/09/2023 14:35
Foi unha das institucións máis relevantes no noso rural, pero co paso do tempo a Garda Civil ten cada vez menos presenza. Mellorar a atención aos cidadáns é precisamente o obxectivo dun plan piloto do Ministerio de Interior.
Avatares superrealistas, deseñados a semellanza dos axentes reais, aparecerán en pantallas interactivas e grazas a intelixencia artificial permitirán que os veciños podan facer xestións.
A medida conta con oposición dentro do propio corpo, mentres desde o Goberno piden prudencia porque o plan ainda non está en marcha. En Galicia apenas un 9 por cento dos concellos conta con servizo da Garda Civil as 24 horas.