Cargando resultados...
Goberno e comunidades autónomas consensúan a integración escolar dos refuxiados ucraínos
Goberno e comunidades autónomas consensúan a integración escolar dos refuxiados ucraínos
No marco da Conferencia Sectorial de Educación celebrada este mércores
G24.gal
30/03/2022 19:41
Goberno e comunidades autónomos celebraron esa tarde conferencia sectorial de educación na que o conselleiro galego interviu por videconferencia.
Entre os asuntos tratados estiveron o novo curriculo do ensino secundario e os sobrecustos que a suba de prezos está causando no mantemento dos centros educativos.
Dedicouse boa parte da sesión ademais, a como integrar os menores ucraínos que fuxiron da guerra. Arredor de catro mil cativos están xa escolarizados en distintas zonas do estado, un cento deles en Galicia.