Publicador de contidos
Publicador de contidos

Goberno e PP emprázanse para o debate no Senado sobre o modelo enerxético

Goberno e PP emprázanse para o debate no Senado sobre o modelo enerxético

Bolaños ve a Feijóo "moi nervioso" ante o cara a cara do martes

O PP propón baixar o IVE do gas do 21 ao 5 %

G24.gal 31/08/2022 15:08

Tres meses despois do seu primeiro cara a cara no Senado, Pedro Sánchez volverá confrontar posicións con Alberto Núñez Feijóo. Desta volta, co foco posto nunha política enerxética que causa discordia entre o Goberno e o Partido Popular.

"Teño moito interese en decirlle ao Presidente Sánchez o que opino e cales son as propostas do Partido Popular en materia enerxética, e que el nos explique por que estamos nesta situación", asegura o líder do PP.  "Espero que o señor Feijóo aproveite a fin de semana para estudar e non confunda os datos, incluso podería chamar á presidenta da Comisión, a súa compañeira de partido, Ursula Von der Leyen", di a voceira do Executivo.

Porque dende o Executivo din que Sánchez chega á cita coa fortaleza de liderar o debate enerxético en Europa. "Que suores fríos tivo Feijóo cando soubo que o martes ten que debater co presidente do Goberno no Senado. Confróntase coas medidas do goberno español, que marcan o paso en Europa para aforrar enerxía", sostén o ministro da Presidencia.

E dende o PP traballan nas propostas que Feijóo lle vai trasladar a Sánchez, como a redución do IVE do gas do 21 ao 5 por cento. "Ten algún sentido que esteamos todos os españois buscando como reducir a factura do gas e á vez manter o IVE o máis caro en toda Europa?", cuestiónase o voceiro popular no Senado.

O primeiro debate de Sánchez e Feijóo na cámara alta foi o sete de xuño, dous meses despois de que o líder popular asumira a presidencia do partido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos