Publicador de contidos
Publicador de contidos

Goberno e PP pactan cinguir a reforma da Constitución a eliminar o termo "diminuído"

Goberno e PP pactan cinguir a reforma da Constitución a eliminar o termo "diminuído"

O ministro da Presidencia di que buscarán o "máximo consenso" parlamentario para que a súa aprobación poida chegar a ser unánime

G24.gal 25/01/2023 14:12 Última actualización 25/01/2023 14:43

O ministro da Presidencia, Félix Bolaños, e a portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Cuca Gamarra, coincidiron en avanzar na reforma da Constitución para eliminar só o termo "diminuídos" en relación ás persoas con discapacidade.

Tras a reunión que mantiveron este mércores no Congreso dos Deputados, Bolaños explicou que ese acordo co PP para "cinguir" a reforma do artigo 49 debe alcanzar o "máximo consenso" parlamentario e confiou en que a súa aprobación poida chegar a ser unánime.

"Imos falar nos próximos días para lograr un texto pactado co PP e co resto das forzas políticas", e compartido co sector da discapacidade, sinalou o ministro, que lembrou que se trata dunha reclamación histórica das entidades sociais.

"Queremos un texto pactado, consensuado e axustado ás recomendacións do Consello do Estado", aseverou tras rexeitar incluír outras reformas na Carta Magna.

Pola súa parte a voceira do grupo popular insistiu en que a reforma se debe circunscribir aos termos nos que se manifestou o Consello de Estado. Amais, Cuca Gamarra tamén fixo fincapé en que no proceso non se poden introducir emendas sobre outras cuestións e se cinguirá a eliminación do termo "diminuído" do artigo 49 da Constitución.

Esta será a terceira reforma da Constitución de 1978, despois das dúas rexistradas en 1992 e en 2011.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos