Publicador de contidos
Publicador de contidos

Golpe ao narco: 63 detidos e 13 narcolanchas e 12.000 litros de gasolina incautados

Golpe ao narco: 63 detidos e 13 narcolanchas e 12.000 litros de gasolina incautados

A operación continúa aberta, e desenvólvese no sur de España

Os axentes comisaron máis de 600 quilos de cocaína e doce toneladas de haxix

G24.gal 23/04/2024 11:33 Última actualización 23/04/2024 12:57

Máis de 12.000 litros de combustible incautados, 13 narcolanchas intervidas e 63 detidos é o balance provisional da operación que leva a cabo en Andalucía a Garda Civil contra o narcotráfico no sur de España.

Ademais do combustible e as narcolanchas, os axentes incautáronse de 634 quilos de cocaína e 12.324 quilos de haxix.

Trátase dun amplo operativo, bautizado co nome de Arrow, que comezou o 1 de abril e que agora os axentes do instituto armado queren culminar, segundo indicaron a EFE fontes próximas á operación.

O obxectivo da operación Arrow é perseguir as redes criminais que operan no litoral andaluz, pero tamén no leito do río Guadalquivir, así como golpear á loxística dos narcos, sobre todo as narcolanchas que fornecen de combustible en alta mar ás embarcacións que transportan a droga.

Tras reunirse cos mandos da Garda Civil da Zona de Castela-A Mancha en Toledo, o director xeral do Instituto Armado felicitouse por esta operación, que se suma ao golpe dado en Galicia hai tan só uns días. Leonardo Marcos asegurou que a Garda Civil está "moi involucrada" na loita contra o narcotráfico no Estreito e na zona do río Guadalquivir.

A operación continúa aberta e conta coa participación de numerosos axentes das diversas comandancias do Instituto Armado na comunidade autónoma de Andalucía, segundo confirmaron a EFE as fontes consultadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade