Cargando resultados...
Grupo Puentes logra un contrato de case 250 millóns en Panamá
Grupo Puentes logra un contrato de case 250 millóns en Panamá
A obra adxudicada á construtora galega é a ampliación dunha autoestrada
G24.gal
26/08/2022 19:40
A construtora galega Grupo Puentes logra un contrato de case 250 millóns en Panamá. Será a encargada de deseñar, executar e financiar un treito da autoestrada Corredor das Praias no país centroamericano.
A obra consiste en ampliar a seis carrís un tramo de sete quilómetros e medio. O Grupo Puentes destaca que esta adxudicación en Panamá demostra a fortaleza da construtora no mercado iberoamericano.