Cargando resultados...
Guardés-Porriño, derbi nos cuartos de final polo título de liga
Guardés-Porriño, derbi nos cuartos de final polo título de liga
Haberá un novidoso formato de playoff de ida e de volta, onde non contan os goles de diferenza
G24.gal
19/04/2024 16:04
Última actualización 19/04/2024 16:09
Comezan esta fin de semana as eliminatorias polo título de liga do balonmán. Hai derbi nos cuartos de final. Guardés-Porriño, cun innovador formato de playoff de ida e de volta, onde non contan os goles de diferenza. Se cada equipo gaña un partido, o gañador sairá dunha prórroga.
Cecilia Cacheda: "Con este formato cada partido é unha guerra".
Aitana Santomé: "É un formato raro, non ten moito sentido".
Os derbis foron moi igualados na liga, mais o factor diferencial foi A Sangriña.
Serán dous partidos. O primeiro, este domingo, ás 12:30 na G2.