Publicador de contidos
Publicador de contidos

Guías de turismo celebran o seu día con visitas guiadas solidarias

Guías de turismo celebran o seu día con visitas guiadas solidarias

Tratan de amosar a relevancia que a súa profesión de conexión cos visitantes ten para o desenvolvemento local

Guías de turismo ante unha das visitas organizadas en Ourense este mércores para celebrar o día da profesión
G24.gal 21/02/2024 13:57

As e os guías de turismo celebran o seu día profesional traballando moito, sen beneficio económico directo e cun público fundamentalmente autóctono. Todo un exercicio de achegamento á sociedade e, como adoitan facer, provistos do paraugas.

Tommi Alvarellos, representante da Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia:
"É un aceno á nosa cultura. Este ano a lenda é que somos embaixadores de Galicia.
O principio dun guía de turismo é que ten que amar a súa terra. Nós amamos a nosa terra. Estamos preparados, formados e logo temos que transmitir todo ese amor que sentimos".

A celebración do seu día é solidaria, nesta ocasión coa Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia.

"Por iso, cando anunciamos as visitas, non dicimos que son de balde, senón solidarias, porque todo o que se recade, nós os guías non imos cobrar, vaise destinar a Feafes".

Ademais tratan de amosar a relevancia que a súa profesión de conexión cos visitantes ten para o desenvolvemento local.

"Que a xente que vén a nós, que marche tan satisfeita que cando cheguen de volta ás súas casas digan: acabo de coñecer o paraíso, ide todos para alá. Por que un turista satisfeito van ser cinco novos turistas", di Alvarellos.

Este día celébrase desde hai 34 anos e conmemora a creación da Federación Mundial de Guías de Turismo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade