Publicador de contidos
Publicador de contidos

Habilitan en Almería un punto de vacinación contra a COVID-19 para a Operación Paso do Estreito

Habilitan en Almería un punto de vacinación contra a COVID-19 para a Operación Paso do Estreito

Poden acudir sen cita previa as persoas que non recibiran aínda algunha das doses

Desde que se iniciou este labor a finais do mes de xuño, administraron máis de 70 doses

G24.gal 10/07/2022 20:37

En Andalucía, a consellería de Saúde habilitou en Almería un punto de vacinación contra a covid-19 para a Operación Paso do Estreito. Acoden principalmente cidadáns marroquís que cruzan estes días o estreito e algúns almerienses que non recibiran aínda a terceira dose. 

A Consellería de Saúde da Xunta de Andalucía aproveitou este punto de atención sanitaria dentro da Operación Paso do Estreito, no Porto de Almería, para abrir tamén un punto de vacinación contra a covid-19, sen cita previa. 

Están acudindo principalmente cidadáns marroquís, que cruzan estes días o estreito, para obter o certificado de vacinación, tamén algúns almerienses que non recibiran aínda a terceira dose.

"Normalmente vén xente que quere viaxar e que pon a terceira dose da vacina porque quere viaxar", di Rosalía Artés, enfermeira.

Desde que se iniciou este labor a finais do mes de xuño, administraron máis de 70 doses.
Este punto de vacinación vai estar aberto ata o 15 de agosto, día en que remata a primeira fase da Operación Paso do Estreito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade