Publicador de contidos
Publicador de contidos

O novo sistema de retención infantil tenta aumentar a seguridade do menor no coche

O novo sistema de retención infantil tenta aumentar a seguridade do menor no coche

 Dende o 1 de setembro, todas as cadeiras que se vendan deberán estar homologadas conforme á nova lexislación

Se ten na casa unha cadeira das antigas poderaa seguir utilizando durante oito anos

G24.gal 14/09/2024 14:48 Última actualización 14/09/2024 17:38

Hai cambios na normativa das cadeiras infantís para os coches. Dende o 1 de setembro, todas as que están á venda nas tendas deben estar xa homologadas conforme á nova lexislación. Con todo, se ten unha cadeira R 44/04 poderá seguir utilizándoa aínda por oito anos. 

"As cadeiras que están na casa do consumidor aínda valen por oito anos", asegura Elizabeth Iglesias, técnica avanzada en sistemas de retención infantil.

Á hora de comprar unha cadeira deste tipo é importante revisar a etiqueta laranxa de homologación. Desde o 1 de setembro só se poden comercializar sistemas de retención infantil que se encontran baixo a normativa R-129.

Establece unha nova clasificación das cadeiras segundo a altura do neno e o peso que admiten. E pasan probas de colisión máis estritas, antes de sacalas ao mercado.

"Esta normativa achega un plus de seguridade", afirma Elizabeth.

Hai dous anos que os fabricantes deixaron de producir cadeiras conforme á antiga normativa. Con todo, desde as tendas especializadas advirten ao consumidor que teña coidado coas compras de segunda man.

"A normativa prohibe a venda das cadeiras R 44/04. Eu como tenda non o podo facer e a persoa que a queira vender tampouco", explica.

Os nenos deben viaxar nunha cadeira infantil ata que teñan unha estatura superior aos 1,35 metros. E deben ir de xeito obrigatorio, en posición contraria á marcha ata os 15 meses ou os 71 centímetros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade