Publicador de contidos
Publicador de contidos

Horas de rastrexo intenso na busca da octoxenaria desaparecida en Vila de Cruces

Horas de rastrexo intenso na busca da octoxenaria desaparecida en Vila de Cruces

Divina, de 82 anos de idade e con boa saúde física e mental, puido desorientarse en medio dunha mesta néboa onte á tarde cando estaba a facer a súa camiñada cotiá

Parte dos efectivos de busca minutos antes do despregadura para retomar o rastrexo este martes en Toiriz, Vila de Cruces
G24.gal 19/12/2023 14:00

A  zona en que adoita pasear foi rastrexada polo dispositivo de busca despregado desde onte á tarde tras confirmarse a desaparición da veciña de Toiriz, preto de Vila de Cruces.
Numerosos efectivos e veciños apoiados con drons de detección térmica e cans adestrados buscaron toda a noite.

Divina, de 82 anos e con bo estado físico e mental, saíra da súa casa á tarde deste luns para cumprir a súa camiñada cotiá. Arredor das tres foi vista por última vez.

"Despois si que tiveron contacto telefónico ao redor das oito, e a partir dese momento xa se perdeu todo o contacto con ela", afirma o Capitán Pampín, coordinador do dispositivo de busca.

 A busca ata agora, efectúana entre unha néboa mesta e temperatura moi baixa.

"Dispoñemos de todos os recursos ao noso alcance. Mobilizamos tamén os medios aéreos e terrestres, e agora estamos a continuar coa busca desta persoa e rastrexando o percorrido probable que facía todos os días. A néboa impide, polo momento, utilizar o helicóptero. Agardamos que mellore e poder empregalo para percorrer toda esta zona", explica o mando da Garda Civil, capitán Pampín.

E é que as condicións atmosféricas, frío e néboa, eran tamén esta mañá elementos adversos ante un feito coma este e para desenvolver o traballo necesario para chegar á localización da desaparecida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade