Publicador de contidos
Publicador de contidos

Hostaleiros da praza ferrolá do Inferniño rexeitan a difusión dun vídeo dunha pelexa na zona

Hostaleiros da praza ferrolá do Inferniño rexeitan a difusión dun vídeo dunha pelexa na zona

O vídeo, divulgado nas redes socias, amosa unha liorta entre mozos cun participante armado con tesoiras

"Están a darlle un bombo que está matando a hostalería", di unha hostaleira da praza do Inferniño

Imaxe da praza do Inferniño, en Ferrol, onde se desenvolveu días atrás a liorta entre uns mozos
G24.gal 19/06/2024 13:38

Hostaleiros da praza do Inferniño, en Ferrol, expresaron o seu rexeitamento da difusión polas redes dun vídeo que amosa unha liorta nese espazo público en que falan de que un dos implicados porta unhas tesoiras como arma. Din que isto fai moito dano ao barrio, mete medo á xente e prexudica os comerciantes.

"Estanos a afectar moito, porque a xente non vén ao Inferniño, porque ten medo. Non veñen maiores, non traen nenos... E os locais que temos aquí son moi familiares. Nunca pasou nada dentro dos nosos locais, pero están a darlle un bombo que está matando a hostalería", di a hostaleira Silvia Sequeiro.

"Malestar porque a pelexa tampouco se pode magnificar tanto. Está a facer moito dano ao barrio. Un barrio supertranquilo, familiar, de xente que anda ao seu e non hai ningún problema", afirma a tamén hostaleira, María Grandal.

Desde a asociación veciñal Ensanche A explican que o das pelexas neste parque de Ferrol non é algo cotián, pero si recorrente: "Problemas de seguridade, si. Pero inseguridade en xeral, non. O que era máis perigoso quitámolo, a convivencia mellorou, pero temos que seguir traballando. Non é suficiente", afirma Julián Fernández, vicesecretario da asociación veciñal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos