Hostaleiros de Foz din que as taxas das terrazas subirán un 400 %, e o Concello, que non será tanto
Hostaleiros de Foz din que as taxas das terrazas subirán un 400 %, e o Concello, que non será tanto
Empresarios do sector din que moitos pagan por todo o ano, cando no inverno apenas facturan
O Goberno local recorda que durante a pandemia estiveron dous anos e medio sen pagar esa taxa
As novas taxas para a instalación de terrazas en Foz preocupan no sector hostaleiro. Á falta de coñecer todos os detalles, algúns aseguran que van ter que pagar ao Concello ata catro veces máis.
Porque ademais, din, moitos deles pagan por todo o ano, cando no inverno as terrazas apenas facturan. Cren que esta suba compromete o futuro de moitos negocios e os obrigará a subir prezos.
Por iso agardan poder negociar co Concello un acordo menos lesivo. O Goberno local lembra que os negocios, durante a pandemia, estiveron dous anos e medio sen pagar polas terrazas, e que agora só se trata de recuperar o cobro actualizando as cantidades. Afirman, ademais, que a suba vai ser menor do que din os hostaleiros e da que van aplicar outros concellos turísticos.