Publicador de contidos
Publicador de contidos

Hostaleiros e comerciantes de Oia, en pé de guerra polos cortes de luz

Hostaleiros e comerciantes de Oia, en pé de guerra polos cortes de luz

Denuncian importantes perdas ao quedar ata 6 horas sen subministración eléctrica

G24.gal 14/09/2022 14:14

Hoxe en día é practicamente imposible traballar sen subministración eléctrica. O problema agrávase cando, ademais de parar a actividade, a falta de luz fai que se derramen alimentos ou outras mercancías que precisan frío. É o ques lles sucede a moitos negocios no concello de Oia.

Eugenio Portela, ten unha tapería: "Temos os negocios cheos de xente e córtannos a luz para facer unha reparación que está a quilómetros dos nosos negocios. Chamamos e a compañía dinos que teñen localizada a avaría e que están reparando, pero mentres nós temos ao persoal parado, marisco que se está estragando, e os clientes que teñen que marchar e anular reservas porque non temos corrente", detalla.

Semellante é a experiencia de Enrique Carneiro, con outro negocio de hostalería na zona: 
"Tes os empregados parados e o xénero, que é moi caro porque é marisco vivo, con cortes de luz de 5 ou 6 horas, morre. Xa non podes volver a utilizalo, tes que tiralo. E ninguén se preocupa diso".

A poucos quilómetros, na froitería que rexenta Juani Álvarez Rocha, tamén coñecen ben as consecuencias deses apagamentos. "Os conxeladores desconxélanse, as neveiras perden frío. Na época que estamos tantas horas que falte a luz non é normal", reflexiona Juani.

Os veciños, como os hostaleiros e os comerciantes, tamén sofren o problema, que din se viu agravado nos últimos tempos. Séntense indignados ao estar pagando por un servizo que consideran deficiente. Xa contactaron co Concello de Oia e estudan reunirse con outras administracións na busca de apoio para garantir unha boa subministración eléctrica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade