Publicador de contidos
Publicador de contidos

Hostaleiros e residentes levan tres meses de avaría na rede de fibra en Sanxenxo

Hostaleiros e residentes levan tres meses de avaría na rede de fibra en Sanxenxo

A manga mariña que afectou o Salnés en xaneiro derrubou un poste e desde entón cinco hoteis e varios veciños están sen telefonía fixa nin datos

Imaxe deste martes de parte da liña de cables de telefonía e datos en Foxos, no concello de Sanxenxo
G24.gal 09/04/2024 14:00

O estado da liña de cables de telefonía en Foxos, no concello de Sanxenxo, dio todo sobre o seu abandono, con elementos cortados. Residentes e hostaleiros levan sen servizo de fibra óptica desde que a manga mariña que entrou por aquí hai case tres meses derribou o soporte dos cables.

"Desde o 17 de xaneiro non temos ningún tipo de servizo de telefonía fixa nin Internet", precisa Ana Otero, propietaria do hotel Miramar.

Non dispoñer de Internet, un servizo esencial no desenvolvemento de numerosas actividades como cobramento con tarxetas, recepción de reservas ou teletraballo é un atranco grande para estas empresas nos meses previos á tempada turística alta.

Martín Touriño, do mesmo establecemento, afirma que se senten "atados de pés e mans. Á hora de cobrar non poderiamos facelo, os nenos o primeiro que piden é a clave de wifi, e a xente daría moitas queixas. Tamén a xente de teletraballo".

Instan a Telefónica a que faga o necesario para repoñerlles o servizo sen máis demora nin desculpas.

Segundo Ana Otero, "desde o Concello dinos que darán luz vez ao proxecto para a nova rede eléctrica, pero que Telefónica non presenta o proxecto".

Touriño engade: "Os cinco hoteis que estamos aquí non temos alternativa. Buscamos plan B, pero todos os técnicos consultados dinnos que sen non temos nin sequera liña telefónica, témolo case imposible".

Insisten en que o restablecemento da liña de fibra óptica é vital para o mantemento da súa actividade ás portas das reservas turísticas para o verán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade