Publicador de contidos
Publicador de contidos

Hostaleiros galegos toman medidas para previr picadas no ocio nocturno

Hostaleiros galegos toman medidas para previr picadas no ocio nocturno

Xa hai máis de 40 denuncias en España, ningunha en Galicia

Non se produciron roubos nin agresións sexuais, e só nun caso detectaron droga no sangue

Os hostaleiros galegos reforzan a vixilancia nos locais cun protocolo de axuda e detección de vítimas 

G24.gal 03/08/2022 14:44 Última actualización 03/08/2022 15:17

En España xa hai máis de 40 denuncias de mulleres e un home que recibiron picadas no ocio nocturno este verán. Só nun dos casos se detectaron restos tóxicos no sangue e en ningún se produciu roubo nin agresión sexual, pero a alarma social medra.

En Galicia non se denunciou oficialmente ningún caso, pero algúns hostaleiros xa estableceron medidas de especial vixilancia se, por exemplo, algunha clienta se marea repentinamente.

"Identificar con quen sae do local, para que non pase o que ninguén quere", explica José Luis Asenjo, da discoteca Tokio de Vigo. 

O protocolo é froito dun acordo entre o Ministerio de Igualdade e a asociación España de noite, que inclúe carteis con códigos QR para axudar as vítimas desta ou calquera outra posible violencia machista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade