Investígase un posible intento de submisión química en Santiago
Investígase un posible intento de submisión química en Santiago
A muller dicía que se sentía mareada e que cría que recibira unha picada na perna
Ao parecer, unha moza chamou a Policía Local na madrugada do domingo desde a rúa Santiago del Estero, na zona de copas do ensanche compostelán.
Dicía que se sentía mareada e que cría que recibira unha picada na perna. Supostamente, a muller desprazouse ata o Hospital Clínico, onde se activaría o protocolo de atención ás posibles vítimas de submisión química.
Polo momento non consta denuncia na Policía Nacional, pero si están abertas dilixencias para investigar o sucedido.
Este posible caso prodúcese xusto cando o Concello de Santiago e a Asociación de Hostalería ultiman un protocolo para protexer as vítimas cando haxa sospeitas de agresión nos locais de ocio nocturno. A intención é que estea en marcha para as festas do Apóstolo.