Só dúas de cada dez vítimas de violación por submisión química presentan denuncia
Só dúas de cada dez vítimas de violación por submisión química presentan denuncia
Preséntase o primeiro libro que a aborda en España a submisión química dende un punto de vista multidisciplinar
O uso de substancias químicas para anular a vontade da vítima dunha agresión sexual é cada vez máis habitual. Porén, só denuncian entre un dez e un 20 por cento das vítimas.
Dar a coñecer esta problemática é o obxectivo do primeiro libro que a aborda en España a submisión química e as agresións sexuais no ocio nocturno dende un punto de vista multidisciplinar.
En máis do 70 por cento dos casos, os agresores son unha persoa coñecida da vítima. As substancias empregadas para anular a vítima adoitan provocar amnesia. Tamén son substancias difíciles de detectar ao eliminarse rápido do corpo.
Por iso é importante a implicación de todos os colectivos para actuar canto antes.
A prevención é fundamental para frear unha problemática que vai en aumento, especialmente entre os máis novos.