Publicador de contidos
Publicador de contidos

O exfutbolista Daniel Cain, parapléxico despois de que lle botaran droga na bebida

O exfutbolista Daniel Cain, parapléxico despois de que lle botaran droga na bebida

O mozo tivo un paro cardíaco que o levou a estar 25 días en coma

Os medios británicos non determinan a substancia nin o obxecto da acción

Os expertos aconsellan acudir ao hospital e denunciar ante a sospeita de submisión química

G24.gal 26/04/2023 15:08 Última actualización 26/04/2023 16:56

A vida de Daniel deu un xiro radical nunha noite de festa no ano 2020. Supostamente, alguén adulterou a súa bebida cunha substancia que lle provocou un paro cardíaco. Despois de 25 días en coma, o exfutbolista espertou tetrapléxico. Os medios británicos non determinan o tipo de droga usada nin o obxectivo de dita acción. 

 "Polos síntomas puido ser unha substancia esimulante, unha nova substancia psicoactiva que dalgún xeito puidera explicar que non a identificaran. Pero o caso é raro, non está claro o móbil e tampouco mencionan con que se adulterou a bebida", comenta Manuel López Rivadulla, catedrático de Toxicoloxía da USC.

A fisioloxía do mozo puido influír na súa reacción ante a droga. O que si queda claro son os perigos da submisión química, que vai en aumento entre a mocidade. Ante a sospeita dun ataque, é fundamental denuncialo e acudir rápido ao hospital.

"Son substancias que desaparecen do corpo moi rápidamente. Canto menos tempos se tarde en acudir ao centro hospitalario para que tomen mostras e activen o protocolo, mellor será para clarificar e resolver o caso" engade Manuel López Rivadulla, catedrático de Toxicoloxía da USC

O obxectivo da submisión química adoita ser a agresión sexual das vítimas, que só denuncian en dous de cada dez casos. Na maioría dos ocasións, o atacante é unha persoa coñecida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade